jueves, 6 de febrero de 2014

CLIMOGRAMAS

Xa sabemos o que é un climograma e xa fixemos algúns no noso caderno. Agora aprenderemos a facer este tipo de gráficas a través do programa excel. Atentos. Ler con atención.
En primeiro lugar precisamos os datos dunha estación meteorolóxica. Atoparémolos na web da Agencia Estatal de Meteorología. Escolle unha localidade (por exemplo que empece pola mesma letra  do teu primeiro ou segundo apelido). Recolle únicamente os datos de temperatura media mensual/anual (T) en ºC e de precipitación mensual/anual media (R) en mm.

A continuación descargamos o arquivo excel desta  páxina web no noso ordenador e completamos a táboa cos datos recollidos anteriormente.
Copiamos a gráfica resultante nun documento word e, finalmente, analizamos e comentamos o climograma seguindo os pautas indicadas na aula. ¿Está claro?... Pois a traballar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario