lunes, 14 de mayo de 2012

3º ESO-Proxecto Terra. GUIMARAES 2012



Os pasados días 3 e 4 de maio 55 alumnos de 3º de ESO acompañados polos profesores José Manuel, Fernando e Bea, achegámonos á terras portuguesas para participar nunha actividade do "Proxecto terra". O noso programa era completísimo, ahí o tedes...

XOVES (Horarios en hora galega)
- De 08:30 a 09:00.- Saída do Centro. A hora de saída dependerá do tempo necesario para chegar á Citania de Briteiros entre 12:00 e 12:15
- De 12:30 a 14:00.- Visita guiada á Citania de Briteiros.
- De 14:00 a 15:00.- Xantar na zona da cafetería e recepción da Citania de Briteiros. Recordade que o alumnado ten que levar o xantar para o primeiro día e un bocata e bebidas para medía mañá.
- De 15:00 a 17:30.- Percurso guiado no autobús desde Briteiros a Guimarães con visitas á igrexa e entorno do Mosteiro de Souto San Salvador e ao convento de Santa Marinha da Costa.
- Ás 17:30 a 19:00.- Percurso guiado no autobús por Guimarães.
- Ás 19:30.- Chegada á Pousada da Juventude e reparto das habitacións. As habitacións están completas, coas camas feitas. Somente teredes que levar toallas.
- De 20:30 a 21:30.- Cea na Pousada da Juventude de 20:30 a 21:30 (hora galega).
- Ás 21:30.- Dependendo do programa de actividades, poderemos asistir a algún espectáculo no Centro Cultural Vila Flor, próximo á Pousada. ESTO  FALLOU, E ADEMÁS CHOVÍA MOITÍSIMO.
 VENRES
- De 09:00 a 09:30.- Almorzo na Pousada.
- De 09:30 a 10:00.- Recollida das habitacións.
- De 10:00 a 10:45.- Visita guiada á área de rehabilitación de Couros.
- De 10:45 a 12:15.- Actividade en grupos “Á descoberta do Centro Histórico de Guimarães”.
- De 12:15 a 13:45.- Visita guiada ao Paço dos Duques de Bragança.
- De 14:00 a 15:00.- Xantar na Pousada.
- De 15:00 a 16:30.- Tempo libre e camino de volta.
 Estas son algunhas mostras do visitado e do aprendido. 

Este bonito traballo é do curso pasado...  non é Guimarares, é Melgaço. Que vos gusta máis?

Para rematar a nosa experiencia por terras veciñas,  o traballo realizado por Jorge, Paula, Andrés y Javi. 
Noraboa a todos polos vosos traballos, ainda que como case sempre, uns traballaron máis ca outros.