Naceu a comezos dun mes de xaneiro (alá polo ano 1912). Por iso se lle adica dende o segundo trimestre do curso pasado ata o primeiro deste unha chea de actos (declaración institucional do Parlamento de Galicia): dende o día catro daquel mes, en que puxeron en marcha "Cen poemas en Celanova", unha iniciativa en relación cos cen anos do nacemento do poeta, coa que os colocaron en outros tantos comercios da vila..., a solemne sesión plenaria da Real Academia Galega fai uns meses,... ata a estatua na "Ínsua dos Poetas" (A Esgueva, Carballiño), iniciativa do poeta contemporáneo Luis G. Tosar elaborada polo artista, pintor e escultor, Manuel Penín, naquel lugar a finais do pasado mes de xullo. Velaquí:
A escultura inspírase no poema "Irmaus" |
Está a ser un aniversario popular, e así titula o seu artigo Prensa-Escuela, de La Voz de Galicia, que chega ó noso centro dende fai bastantes cursos xa unha vez á semana (vide La voz en la Escuela do 26 de setembro).
Celso Emilio Ferreiro nun parque de Vigo |
O día 12 do mes doce ás doce de seguro que faremos algo (lectura duns poemas por exempro...)