jueves, 13 de febrero de 2014

PROXECTO de COMPRENSIÓN: PRÉSTALLES A TÚA VOZ. DENUNCIA!

PROXECTO INTERDISCIPLINAR.  

Os alumnos de 4º de ESO realizamos un proxecto  sobre o tema da explotación infantil, desenvolvido nas áreas de Historia, Relixión e Ética.

O traballo final consistiu na elaboración dun discurso denunciando a explotación infantil.

Son consciente de que aínda queda moito por aprender, pero tamén que é necesario lanzarse, experimentar, equivocarse, tomar nota e seguir.
Do que aparece escrito debaixo, xa hai cousas que faríamos doutra maneira, seguro: temos que planificar mellor os tempos -como sempre quedámonos curtos- , matizar as tarefas para evitar dispersións, esixir un maior aproveitamento do tempo na aula...  pero a pesares de todo isto, despois do traballado e de ver os resultados podo afirmar que o ambiente do grupo foi moi boo e que e a aprendizaxe realizada foi altamente satisfactoria, polo tanto ÁNIMO E A SEGUIR. 

FÍOS CONDUTORES:
  • Sempre existiron os dereito laborais en Europa?
  •  Por que no existen en todo o mundo os mesmos dereitos?
  •  Valoramos os logros sociais obtidos durante os dous últimos séculos? ¿somos conscientes da importancia que teñen para nos?
  •  Como contribuíu a Igrexa á consecución destes dereitos?
Que os alumnos comprendan:
  1. Que a Revolución Industrial está na orixe  do problema ao provocar un novo marco de relacións socioeconómicas.
  2. As condicións nas que  vivían e traballaban os nenos  durante a R.I. en Europa.
  3.  Que os dereitos  non  foron un regalo senón  un logro da organización e loita  dos obreiros.
  4.  Que a Igrexa,  aínda que tarde, tamén contribuíu  e  contribúe á creación dunha sociedade máis xusta por medio da Doutrina Social e do movemento obreiro católico.
  5.  Por que en moitos lugares do mundo hoxe non se respectan eses dereitos.
ENUNCIADO e DESCRIPCIÓN DO PROBLEMA:
POR QUE EN EUROPA NON  HAI EXPLOTACIÓN INFANTIL?
Chuvia de ideas.
En grupos de tres,  preguntámonos  que  sabemos do tema e qué precisamos saber.
Elaborar un Mapa mental.

PLANIFICACIÓN - TEMPORALIZACIÓN
1ª sesión
Explicación do proxecto e da actividade de síntese final.
Reparto de fotocopias.
Formación de grupos.
Plantexamento do problema.  Por que en Europa non hai explotación laboral.
Traballo grupo: CHUVIA DE IDEAS. Mapa mental .
2ª sesión
Visionado secuencia da película Daens. VEXO –PENSO –ME  PREGUNTO. (20') Explicación da rutina  COMPARA - CONTRASTA… dúas imaxes.
Traballo individual para traer como tarefa o próximo día: Seleccionar unha imaxe do século XIX ou principios do XX  e outra actual e aplicar a rutina.
3ª sesión
Recollida da tarefa.
Traballo en grupo: Listado no caderno das condicións de vida e traballo dos nenos a partir de textos. Fotocopia textos.
4ª sesión
Explicación organización mov. Obreiro. Ideoloxía marxista e anarquista.
DESTREZA: Compara-contrasta… Marx-Bakunin.
5ª sesión
6ª sesión
ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN E DE SÍNTESE. TRABALLO EN GRUPO.
7ª sesión
8ª sesión
9ª sesión
EXPOSICIÓN en clase dos discursos.
10ª sesión


METAS
ACTIVIDADES
COMPETENCIAS
AVALIACIÓN
2, 3
ACTIVIDADE INICIAL:
PLANTEXAMENTO: Por que en Europa non hai explotación infantil?
Qué se e qué necesito saber?
C.SOCIAL
C.A.A.A.

1,2, 4
ACTIVIDADE  INICIAL
Visionado secuencias película Daens.  
RUTINA: Vexo – penso – me pregunto.
C.INTRAPERS.
C.A.A.A.
Caderno
1, 5
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN
DESTREZA Compara-contrasta  dúas imaxes.















C.SOCIAL
C.LING.
C.A.A.A.
Actividade
1, 2
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN
Listado das condicións de vida e traballo dos nenos a partir da análise de textos históricos. Fotocopia.


C.LING.
C.TRAT.INF.
actividade


3
ACTIVIDADE  de aprendizaxe
Explicación por parte do profesor  dos principais conceptos ideolóxicos do marxismo e do anarquismo e das súas  diferenzas  máis significativas.
C.TRAT.INF.
Apuntes
3
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN
Obter información sobre a lexislación laboral en España e sobre o  traballo e dereitos dos menores. Ver Estatuto dos traballadores sección 2ª e 3ª.


C.SOCIAL
C.TRAT.INF.

4
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN
Facede un resumo dos principios fundamentais da DSI e creade un slogan  reivindicativo que conteña a idea dalgúns principios.

Unha referencia no compromiso da Igrexa cos máis pobres

Algúns dos slogans

C. DIX.
C.A.A.A.
C. SOCIAL
C.ARTÍSTICA
Resumo.
Slogan.
5
ACTIVIDADE  DE SÍNTESIS FINAL

Texto-denuncia  ante a ONU.
Seleccionáronte para que denuncies ante a Asemblea das Nacións Unidas os abusos aos que están sometidos moitos nenos na actualidade.
Do mesmo xeito que en Europa xa hai anos que se lexislou para salvagardar estes dereitos, deberás reivindicar que tamén se apliquen estas mesmas leis en todo o mundo.
Nun breve discurso -3-4 minutos-, denunciarás a situación de explotación que viven moitos nenos en 5 países -un país de cada continente-, os intereses económicos que están detrás, a indiferenza dos propios gobernos e, en ocasións, a colaboración da comunidade internacional. Deberedes  acompañar cunha presentación (ppt ou prezi) con imaxes e datos referidas o texto.

** O discurso tedes que defendelo diante dun público “selecto”. Valorarase a vosa argumentación baseada no traballado anteriormente e a convicción e credibilidade que manifestedes.
Ver criterios de avaliación  das exposicións orais.

Para darvos unha idea, podedes ver ou ler o discurso de Malala Yousafzai na ONU o día 20/11/2013 ou outros semellantes.
C. SOCIAL.
C. LING.
C. INTERPERS.
C. DIXITAL

**Texto

PARA TERMINAR AQUÍ OS DEJO UNA PEQUEÑA MUESTRA DE VUESTRO TRABAJO.
¡ENHORABUENA A TODOS POR EL TRABAJO REALIZADO!



jueves, 6 de febrero de 2014

CLIMOGRAMAS

Xa sabemos o que é un climograma e xa fixemos algúns no noso caderno. Agora aprenderemos a facer este tipo de gráficas a través do programa excel. Atentos. Ler con atención.
En primeiro lugar precisamos os datos dunha estación meteorolóxica. Atoparémolos na web da Agencia Estatal de Meteorología. Escolle unha localidade (por exemplo que empece pola mesma letra  do teu primeiro ou segundo apelido). Recolle únicamente os datos de temperatura media mensual/anual (T) en ºC e de precipitación mensual/anual media (R) en mm.

A continuación descargamos o arquivo excel desta  páxina web no noso ordenador e completamos a táboa cos datos recollidos anteriormente.
Copiamos a gráfica resultante nun documento word e, finalmente, analizamos e comentamos o climograma seguindo os pautas indicadas na aula. ¿Está claro?... Pois a traballar.