miércoles, 14 de marzo de 2012

Un paseo pola xeografía e historia de Ourense dende a exposición de Xavier Pousa

Hoxe ímonos valer da exposición de Xavier Pousa (Xavier Pousa Carrera, 13.IV.1931 / 8.XII.2000), que ven de ser inaugurada no Centro Cultural da Deputación (1º andar), para relacionar os coñecementos de xeografía urbana aprendidos fai pouco en 3º da ESO. Mais tamén propómosche unha actividade para Sociais de 4º da ESO e Historia de España (IIº de bacharelato).

Sobre o artista, gran paisaxista do val miñor, velaquí unha á súa biografía:
www.galegos.info/xavier-pousa-carrera

Para completar, podes entrar tamén na web do artista (www.xavierpousa.org/), e no blog do profesor Limia (dogranaopan.blogspot.com/).

Nesta obra de Xavier Pousa de 1960, identifica as tres igrexas que se ven. Por certo, qué ponte é ?
Outra vista de Ourense do mestre de Goián, de 1990: de qué barrio se trata ?
Neste debuxo nocturno de 1960 cómo se chama a praza ?; é a fonte ?
Agora con fotos da exposición:
Esta é a portada do catálogo. Identifica o lugar..
Podes axudarte mellor pola foto enteira: podes identificar os negocios de 1963 e agora ?
Finalmente, esta outra obra de 1960: podes indicar de qué ano son as dúas pontes  ?
Os de historia de 4º da ESO (e 2º de bacharelato), podedes facer outra actividade, contextualizando a construcción das pontes nas etapas históricas correspondentes -coa bibliografía do libro de texto alomenos- e ilustrando a pescuda con unha foto in situ neste mesmo ángulo, a poder ser...

Finalmente unha achega a Ourense: www.youtube.com/watch?v=6X2y-ttQ6Nw&feature=related.

No hay comentarios:

Publicar un comentario