Este xoves imos celebrar o "Día internacional da muller". Xurdido a finais do século XIX, foi instaurado dende 1910 (IIª Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, Copenhague, a proposta de Clara Zetkin). En 1917 as mulleres rusas escolleron o derradeiro domingo de febreiro para facer unha folga pedindo "pan e paz". Foi o 23 de febreiro do calendario ruso, que é o 8 de marzo segundo o calendario gregoriano.
Velaquí tendes a dirección da web da ONU que trata o tema:
O día convertiuse no da reivindicación por a igualdade real entre homes e mulleres. Se facemos unha EDUCACIÓN EN VALORES, IGUALITARIA e NON SEXISTA, estaremos no bo camiño. Unha igualdade real nos ámbitos laboral, social e político, principalmente.
Podes averiguar algo máis sobre Clara Campoamor, a muller que defendeu no parlamento da segunda República o voto das mulleres, conseguindo convencer ós deputados naquela altura (e vencendo a Victoria Kent).
Velaquí tendes dous enlaces Youtube: www.youtube.com/watch?v=t4w0EtPovYI : "Clara Campoamor"o primeiro; www.youtube.com/watch?v=jAqSJTFumC4&feature=related : "Mujeres en la historia"o segundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario