jueves, 5 de febrero de 2015

PROXECTO HUMANÍSTICO. PROGRAMACIÓN e PLANIFICACIÓN

PROXECTO HUMANÍSTICO  INTERDISCIPLINAR SOBRE A EXPLOTACIÓN LABORAL

CURSO: 4º ESO                   ÁREAS: CIENCIAS SOCIAIS (HISTORIA),  ÉTICA e RELIXIÓN.
2º  TRIMESTRE.

FÍOS CONDUTORES:
  •  Sempre existiron os dereito laborais en Europa?
  •  Por que no existen en todo o mundo os mesmos dereitos?
  •  Valoramos os logros sociais obtidos durante os dous últimos séculos?
  •  Como sería a nosa vida cotiá sen eses dereitos?
  •  Cal foi o prezo que se pagou?
  •  Como contribuíu a Igrexa á consecución destes dereitos?
METAS DE COMPRENSIÓN
Que os alumnos comprendan:

1.      Que a Revolución Industrial está na orixe  do problema.
2.      Como eran as  condicións de vida e traballo dos obreiros  durante a industrialización  en Europa.
3.      Que os dereitos  non  foron un regalo senón  un logro da organización e loita  dos obreiros.
4.      As principais ideoloxías e organizacións obreiras.
5.      O compromiso de moitos homes e mulleres na loita pola xustiza e igualdade.
6.      Que a Igrexa,  aínda que tarde, tamén contribuíu  e contribúe á creación dunha sociedade máis xusta por medio da Doutrina Social e do movemento obreiro católico.
7.      Que aínda queda moito por facer,  porque en moitos lugares do mundo hoxe non se respectan eses dereitos.
8.      Que a solidariedade é un valor fundamental para o progreso das sociedades.
9.      A importancia do compromiso persoal e social a favor  da xustiza e da dignidade dos seres humanos.
METAS
ACTIVIDADES
COMPETENCIAS
AVALIACIÓN
7, 9
ACTIVIDADE INICIAL:
PLANTEXAMENTO: POR QUE A EXPLOTACIÓN  LABORAL É MAIOR  NUNS PAÍSES QUE NOUTROS?
1. Chuvia de ideas
2. Mapa mental sobre as causas que  provocan esta situación
C.SOCIAL
C.A.A.A.

1,2, 5
ACTIVIDADE  INICIAL
Visionado secuencia película Daens.  Vexo – penso – me pregunto.
C.INTRAPERS.
C.A.A.A.
Caderno
1, 2
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN
Listado das condicións de vida e traballo dos nenos a partir da análise de textos históricos. Fotocopia de textos históricos.
C.LING.
C.TRAT.INF.
Actividade no caderno
1, 5
ACTIVIDADE  de aprendizaxe
Compara-contrasta:  a partir de imaxes (2-3) da situación dos obreiros no século XIX e outras actuais, completade o organizador gráfico.
C.SOCIAL
C.LING.
C.A.A.A.
Organiz. gráfico
3,4
ACTIVIDADE  de aprendizaxe
Explicación por parte do profesor  dos principais conceptos ideolóxicos do marxismo e do anarquismo e das súas  diferenzas  máis significativas.
C.TRAT.INF.
Apuntes
3,4, 6, 7
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN: CARTEL loitadores pola xustiza.
Obter información sobre os principais líderes do movemento obreiro internacional  ao longo da historia. Persoas que dedicaron a súa vida á loita pola defensa dos dereitos dos traballadores  é dos máis pobres.
Facede unha selección de 15-20 persoas. Pegar a súa imaxe, lugar e data de nacemento e morte e a súa principal aportación á loita pola xustiza e dignidade (por que pasou á historia esta persoa?)
C. DIX.
C.A.A.A.
C. SOCIAL
C.ARTÍSTICA

CARTEL
6,7, 8,9
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN: DOCTRINA SOCIAL DA IGREXA.
Facede un MAPA MENTAL cos principios fundamentais da DSI e creade un slogan  reivindicativo que conteña a idea dalgúns principios, de xeito que poda ser empregado nunha suposta manifestación.
C. DIX.
C.A.A.A.
C. SOCIAL
C.ARTÍSTICA

M.mental
Slogan.
7,8,9
ACTIVIDADE  INVESTIGACIÓN: “UN DÍA CALQUERA DA MIÑA VIDA. “
Ponte na pel dun dos moitísimos rapaces de 12- 15 anos  que son explotados diariamente, e compón un texto  narrando un día da súa vida, a modo de diario. (escribe en 1ª persoa).
Acompaña o relato con unha ou dúas imaxes. Nesta páxina atoparás algunhas ideas, pero non esquezas que debe ser orixinal, non copiado.
C.SOCIAL
C. INF. DIX.
C.LING.
C.INTRAPERS.
Relato
3,5, 6,8,9
ACTIVIDADE  DE SÍNTESIS FINAL
DISCURSO ANTE A ASEMBLEA DE NACIÓNS UNIDAS.
Tedes a oportunidade de falar diante da Asemblea das Nacións Unidas para denunciar os abusos aos que están sometidos moitos traballadores de calquera idade,  condición ou sexo e país.
Na RÚBRICA tedes os criterios para facer o discurso. A estrutura estará dividida en tres partes: introducción-desenvolvemento-conclusión ou ben VER-XULGAR-ACTUAR.
Plantexaredes interrogantes ante os representantes da ONU, falaredes das posibles causas que provocan estas situacións  e porque se permiten, das leis que existen…  e algunhas propostas de solución.
Duración: 3-4 m. (falaredes todos). Completádeo cunha presentación (ppt ou prezi) que inclúa  imaxes e información real.

Ø  Para darvos unha idea, podedes ver ou ler o discurso de Malala Yousafzai na ONU o día 20/11/2013 ou outros parecidos.
C. SOCIAL.
C. LING.
C. INTERPERs.
C. DIXITAL

**Texto

1 comentario:

  1. Con este traballo aprendín que tóda-las persoas temos uns dereitos iguais e temos que respetalos, tanto niños como adultos. Tamén aprendín que a explotación laboral dáse máis en nenos pequenos e en países menos desarrollados. A mellor forma de comprender isto foi facendo as parcartas e cós discursos, xa que a mayoría foron moi bós e chegáronme ao corazón.
    Adriana,

    ResponderEliminar