lunes, 29 de septiembre de 2014

O 250 aniversario do Padre Feijoo en Ourense

O 26 de setembro cumpríronse 250 anos da morte do Padre Feijoo, suceso acaecido en 1764 na cidade de Oviedo. Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro, "ciudadano libre de la República Literaria", como el se definira, nacera 87 anos antes en Casdemiro (parroquia de Melias, concello de Pereiro de Aguiar) dunha familia fidalga aveciñada en Allariz (Ourense). Con tal motivo distintas institucións galegas, como o Arquivo Histórico Provincial de Ourense, organizan actividades para poñer de relevo a influencia do legado intelectual deste monxe da Orde de San Bieito no pensamento español. O próximo mes haberá unha exposición, da que nos faremos eco...


En La Ilustración Española y Americana, Año 31, nº XXXVI (1887/09/30), p. 181.

A figura deste sabio ilustrado concita hoxe, como onte, unánime admiración e respecto e a súa obra goza de gran popularidade dende que comezou a publicarse na primeira metade do século XVIII. 
                                 Monumento en Ourense, fronte da FONTE DO REI:

Fíxoa en Barcelona Juan Soler y Dalmau. 1887. 


'Teatro Crítico Universal'  o Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, 
1726 a 1740.





No hay comentarios:

Publicar un comentario