Unha 'novela negra', políciaca, coa que viaxan alumni e Titores este venres. E iste é o seu resumo, segundo a editorial Galaxia:
“Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.
Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.”
Velaquí tendes este video ad hoc subido á rede por Siruela, editorial que a edita en castelán.
Templo votivo do Mar, Panxón, de Antonio Palacios (1932-1937). Nas inmediacións ruinas visigóticas (séc.VII) |
En 'A lei de Lens' tendes fotos e fragmentos asociados da novela.
Non querermos finalizar sen desexar sorte á novela pois ven de ser seleccionada entre sete finalistas do CWA International Dagger Prize, galardón que concede a Asociación Anglosaxona de Escritores de Novela Negra á mellor obra internacional do ano.
Hola,
ResponderEliminarpor vuestro trabajo e iniciativa tenéis un premio en mi blog.
http://civitasauriensis.blogspot.com.es/2012/05/un-chupi-premio-liebster-blog.html
Pásate y recógelo.
Un abrazo.
José Luis Guede