sábado, 5 de octubre de 2013

Onte foi o Día Universal dos Docentes...

Onte foi venres. No calendario puña 5 de outubro. Véspera de fin de semana, para moitos, pois o tren do curso xa está imparable no desenrolo das programacións cara a primeira avaliación. E aínda que por ningures foi mencionado no noso centro de ensino... foi unha efemérede relevante para a docencia:

CADA CINCO DE OUTUBRO CONMEMÓRASE O 'DIA UNIVERSAL DOS DOCENTES'.



               Vía Unesco [ aquí esta na súa páxina dixital] dende 1994, desta volta baixo o lema:

      "¡Un llamamiento a la docencia!". 




Para completar o post, déixovos este fermoso GRACIAS DOCENTES:

('Queremos das las gracias a todos los docentes del mundo     
                              que aman su profesión') 
                                                                 [vía Tiching]

                                          Algún eco ?  Hai comentarios ?







miércoles, 11 de septiembre de 2013

Benvidos ao novo curso !

Hoxe comeza O CURSO en Educación Infantil e Primaria. Finou o verán, acabou o descanso e comeza o reencontrarmos cos alumnos -os profesores levamos dende o inicio do mes, como sempre...-. O lema para este ano é "Sementa ESPERANZA", que nos anima ao traballo con ilusión, sabendo que temos unha importante e valiosa tarefa por diante, que de seguro "dará os seus froitos".

Dende este blogue educativo sede benvidos ao curso 2013/2014: que sexamos sembradores de esperanza e, como Departamento de Cencias Sociais, da Comunidade educativa do noso colexio, abonemos, reguemos e coidemos con humanidade, amor, familia, bondade... as sementes a exemplo de Jesús, José, María... e Marcelino Champagnat. 

¡¡¡Feliz curso a todos!!!



A icona escollida dos materiais do Curso son o Selfbridges building (Birmingham, Gran Bretaña), edificio de referencia na cidade -e na arquitectura contemporánea europea-, e o deseño Marista co lema "Sumar vidas, multiplicar horizontes" que incluímos debaixo:



Mais a carón daquel edificio está a antiga St. Martins church, advocación que nos une con Ourense (San Martiño).

St. Martins church & Bullring


Mais seguindo o perfil doutros cursos neste bloque pedagóxico de Sociais queremos propoñeros que busquedes outra imaxe icónica de Birmingham que une esta importante cidade da West Midlands -a 2ª do Reino- con España ?

(velaquí unha pista, máis cómo se chama?)


E se o desexades, buscade tamén a súa recente biblioteca que ten ecos da antiga Mesopotamia: a qué edificio nos estamos a referir en concreto ?
(velaquí a imaxe). De nada.


sábado, 15 de junio de 2013

NOVO BLOG "ABRINDO PORTAS 2013"



 A CIDADE DE OURENSE COMO RECURSO DIDÁCTICO
Proxecto interdisciplinar colaborativo MARISTAS-JOSEFINAS

Ilustración da profesora do colexio Rebeca González
Moi pronto estará a vosa disposición un novo blog: 
ABRINDO PORTAS 2013. 
Trátase dun proxecto colaborativo levado a cabo por un equipo de profesores dos colexios San José-Josefinas e Santa María-Maristas de Ourense.
Inclúe actividades didácticas desenvolvidas nas áreas de Ciencias Sociais, Plástica, Lingua Galega e Informática, sempre co  fío condutor da nosa cidade.
Ourense é a cidade das pontes e a cidade das portas. Pontes tendidas e portas abertas, dous símbolos de encontro e de achegamento. Esta pretende ser a filosofía deste proxecto: abrir as portas á colaboración, ao coñecemento e valoración do noso entorno máis próximo.

jueves, 13 de junio de 2013

viernes, 17 de mayo de 2013

ABRINDO PORTAS, abriendo puertas a...

Puerta al campo by Bibliogtecarios
'Abriendo portas' es metáfora porque la puerta encierra ese rico simbolismo. Al campo, a la ciudad: desde donde camines (¿vas o vienes ?), en la vida te encuentras puertas, que debes abrir y pasar. Es un rito de paso que debes superar..

 Es también "Abriendo puertas" una conocida canción de Gloria Stefan (1995), cuyo estribillo hay que ver en el contexto, suyo y de la época: 'y vamos abriendo puertas, /y vamos cerrando heridas. (...) vamos a hallar la salida."
Abriendo puertas sin miedo by Julián Marín
Mas también el gran poeta Federico García Lorca , (+1936) en su contexto vital andaluz decía así desde un poema conocido desde hace poco: 


"Las puertas abiertas 
dan siempre a una sima 
mucho más profunda 
si la casa es vieja."



Es así la puerta metáfora rica.
De ello se vale el artista para crear esta imagen que incluimos en dos vistas, sita en la terraza del Auditorio Municipal de Ourense.
Es de Álvaro de la Vega
(Paradela, Lugo, 1954)








Nosotros queremos que la acción educativa didáctica que estamos preparando para la ESO en colaboración con otro centro de la ciudad tenga un efecto llamada personal físico y vital desde el Este al Oeste, desde el Norte al Sur (como el cartel de Cáritas) y sirva para conocer los caminos desde el conocimiento de la ciudad que habitamos.  






lunes, 13 de mayo de 2013

O TRATAMENTO DAS FONTES ORAIS

INICIACIÓN Ó TRATAMENTO DAS FONTES ORAIS NA INVESTIGACIÓN HISTÓRICA A TRAVÉS DOS MÉTODOS DA HISTORIA CUANTITATIVA.