domingo, 16 de diciembre de 2012

A EXPLOTACIÓN LABORAL

DESPOIS DE VER ESTAS SECUENCIAS DA PELÍCULA "DAENS", ESCRIBE UN COMENTARIO NESTA ENTRADA DO BLOG DUNHAS 100 PALABRAS, EXPRESANDO A TÚA OPINIÓN-VALORACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DE VIDA E TRABALLO DOS OBREIROS  NO S.XIX.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Vídeo de la salida del Color Verde de Maristas de Ourense para limpiar el Parque Fluvial de Oira el 25 de octubre de 2012 con alumnos de todos los cursos de secundaria.

jueves, 1 de noviembre de 2012

CÓMO HACER UNA BUENA EXPOSICIÓN ORAL

Seguro que alguna vez has tenido que exponer un trabajo en clase. ¿verdad? Los profesores, a través de algunos trabajillos que os pedimos,  intentamos que aprendáis a dominar una técnica que en el futuro os será de gran utilidad para expresaros en público con seguridad y fluidez. 
Fueron los griegos quienes empezaron a valorar el arte de la palabra, lo llamaban ORATORIA,  y Demóstenes (384-322 a.C.), con sus "Filípicas" fue considerado uno de los mejores oradores. Ya veis que esto de hablar en público viene de lejos.
Aquí os dejo algunos consejos muy sencillos para preparar una buena exposición. Además, en la pestaña del blog "EXPOSICIONES ORALES EN CLASE" encontraréis  los criterios de calificación que los profesores emplearemos para valorar vuestras exposiciones, tenedlos en cuenta y ¡ánimo!

martes, 9 de octubre de 2012

TRIVIAL EDUCATIVO.

Interesante web para que reforcéis y complementéis los conceptos aprendidos en el colegio de una forma divertida y amena. Entrad y jugad.

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Celso Emilio Ferreiro, de aniversario este ano 2012


Naceu a comezos dun mes de xaneiro (alá polo ano 1912). Por iso se lle adica dende o segundo trimestre do curso pasado ata o primeiro deste unha chea de actos (declaración institucional do Parlamento de Galicia): dende o día catro daquel mes, en que puxeron en marcha "Cen poemas en Celanova", unha iniciativa en relación cos cen anos do nacemento do poeta, coa que os colocaron en outros tantos comercios da vila..., a solemne sesión plenaria da Real Academia Galega fai uns meses,... ata a estatua na "Ínsua dos Poetas" (A Esgueva, Carballiño), iniciativa do poeta contemporáneo Luis G. Tosar elaborada polo artista, pintor e escultor, Manuel Penín, naquel lugar a finais do pasado mes de xullo. Velaquí:

A escultura inspírase no poema "Irmaus
Podedes entrar se queredes na web da Fundación celanovense dedicada á divulgar a súa figura e escritos e ampliar (Fundación de Celanova). Hai diversas actividades de interese.


Está a ser un aniversario popular, e así titula o seu artigo Prensa-Escuela, de La Voz de Galicia, que chega ó noso centro dende fai bastantes cursos xa unha vez á semana (vide La voz en la Escuela do 26 de setembro).

Celso Emilio Ferreiro nun parque de Vigo
Velaquí vos deixo a portada do libro dun gran especialista no grande poeta cívico de Galicia, onde parafrasea o coñecido título de "Onde o mundo se chama Celanova" (editado en 1975).


O día 12 do mes doce ás doce de seguro que faremos algo (lectura duns poemas por exempro...)

martes, 11 de septiembre de 2012

BLOG DE INNOVACIÓN EDUCATIVA DE ÁNGEL FIDALGO

Interesante blog de Ángel Fidalgo sobre innovación educativa. Nos puede resultar muy interesante a los profes, podemos encontrar sugerencias,  ideas, recursos...

martes, 19 de junio de 2012

Paz-Andrade, historia viva de Galicia no século XX

A Real Academia Galega adicoulle a Valentín Paz Andrade o 'Día das Letras Galegas 2012'.


O autor había falecido o 19 de maio de 1987 con 89 anos en Vigo, nos tempos da Democracia, e había nacido o 23 de abril de 1898 no barrio de Socorro de Lérez en Pontevedra, sendo a Rexente Dª Mª Cristina de Habsburgo-Lorena, en plena guerra de Cuba. Eran uns tempos delicados estes da Restauración borbónica...

ALGUNHAS DATAS DE INTERESE

Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936.
En xullo de 1950 fúndase a Editorial Galaxia en Santiago de Compostela da que é accionista. No ano 1955 ve a luz unha das súas obras de referencia: "Pranto matricial", na que evoca a morte de Castelao.
En xuño de 1960 fúndase Pescanova S. A., en Vigo, da que é nomeado vicepresidente. Publica o 23 de maio de 1970 “La marginación de Galicia” en Madrid. Ingresa na Real Academia Galega o 11 de febreiro de 1978.

A debuxo é de Luís Seoane, pintor e escritor, a quén se lle dedicou un Día das Letras Galegas tamén.

Con Carballo, no Correlingua de 1985.
PAZ ANDRADE E OURENSE

Estivo desterrado durante a guerra civil en Ourense.

En setembro de 1936 en Verín, onde vai sufrir o seu segundo atentado a mans de catro falanxistas. En xaneiro de 1937 vai para Requeixo de Queixa. Escribe poemas en galego. En abril deste ano consigue autorización para vivir en Castro Caldelas, e máis tarde na Pobra de Trives.

Coa súa dona e o seu fillo Afonso diante do sartego de Castelao no cemiterio de A Chacarita, Buenos Aires, 1957.
En agosto estando en San Miguel de Outeiro con Xesús Prada Losada coñece a Pilar Cilda Rodríguez de Prada, sobriña política do poeta valdeorrés Manuel Valcarce Gómez falecido en 1931. Escribe os poemarios "A serra. Cantos do desterro branco" e "Sangue na neve. Etopeia da serra". En decembro volta a Vigo, onde pode seguir exercendo a abogacía. O 8 do mes do Nadal de 1939 casa con aquela moza ás 8 horas na capela do Santo Cristo na catedral de Ourense.

Velaquí tendes un link de apoio ( Paz-Andrade).


E aquí o de 'Colleita de 1898' ( Letras Galegas), con carteis e unha unidade didáctica.

Para a lembranza, xa que logo esté é o tempo das vacacións, e o mar. Máis, sempre é tempo de lembrar a este gran home da Nosa Terra Galega!