martes, 19 de junio de 2012

Paz-Andrade, historia viva de Galicia no século XX

A Real Academia Galega adicoulle a Valentín Paz Andrade o 'Día das Letras Galegas 2012'.


O autor había falecido o 19 de maio de 1987 con 89 anos en Vigo, nos tempos da Democracia, e había nacido o 23 de abril de 1898 no barrio de Socorro de Lérez en Pontevedra, sendo a Rexente Dª Mª Cristina de Habsburgo-Lorena, en plena guerra de Cuba. Eran uns tempos delicados estes da Restauración borbónica...

ALGUNHAS DATAS DE INTERESE

Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936.
En xullo de 1950 fúndase a Editorial Galaxia en Santiago de Compostela da que é accionista. No ano 1955 ve a luz unha das súas obras de referencia: "Pranto matricial", na que evoca a morte de Castelao.
En xuño de 1960 fúndase Pescanova S. A., en Vigo, da que é nomeado vicepresidente. Publica o 23 de maio de 1970 “La marginación de Galicia” en Madrid. Ingresa na Real Academia Galega o 11 de febreiro de 1978.

A debuxo é de Luís Seoane, pintor e escritor, a quén se lle dedicou un Día das Letras Galegas tamén.

Con Carballo, no Correlingua de 1985.
PAZ ANDRADE E OURENSE

Estivo desterrado durante a guerra civil en Ourense.

En setembro de 1936 en Verín, onde vai sufrir o seu segundo atentado a mans de catro falanxistas. En xaneiro de 1937 vai para Requeixo de Queixa. Escribe poemas en galego. En abril deste ano consigue autorización para vivir en Castro Caldelas, e máis tarde na Pobra de Trives.

Coa súa dona e o seu fillo Afonso diante do sartego de Castelao no cemiterio de A Chacarita, Buenos Aires, 1957.
En agosto estando en San Miguel de Outeiro con Xesús Prada Losada coñece a Pilar Cilda Rodríguez de Prada, sobriña política do poeta valdeorrés Manuel Valcarce Gómez falecido en 1931. Escribe os poemarios "A serra. Cantos do desterro branco" e "Sangue na neve. Etopeia da serra". En decembro volta a Vigo, onde pode seguir exercendo a abogacía. O 8 do mes do Nadal de 1939 casa con aquela moza ás 8 horas na capela do Santo Cristo na catedral de Ourense.

Velaquí tendes un link de apoio ( Paz-Andrade).


E aquí o de 'Colleita de 1898' ( Letras Galegas), con carteis e unha unidade didáctica.

Para a lembranza, xa que logo esté é o tempo das vacacións, e o mar. Máis, sempre é tempo de lembrar a este gran home da Nosa Terra Galega!