Hoxe comeza O CURSO en Educación Infantil e Primaria. Finou o verán, acabou o descanso e comeza o reencontrarmos cos alumnos -os profesores levamos dende o inicio do mes, como sempre...-. O lema para este ano é "Sementa ESPERANZA", que nos anima ao traballo con ilusión, sabendo que temos unha importante e valiosa tarefa por diante, que de seguro "dará os seus froitos".
Dende este blogue educativo sede benvidos ao curso 2013/2014: que sexamos sembradores de esperanza e, como Departamento de Cencias Sociais, da Comunidade educativa do noso colexio, abonemos, reguemos e coidemos con humanidade, amor, familia, bondade... as sementes a exemplo de Jesús, José, María... e Marcelino Champagnat.
¡¡¡Feliz curso a todos!!!
A icona escollida dos materiais do Curso son o Selfbridges building (Birmingham, Gran Bretaña), edificio de referencia na cidade -e na arquitectura contemporánea europea-, e o deseño Marista co lema "Sumar vidas, multiplicar horizontes" que incluímos debaixo:
Mais a carón daquel edificio está a antiga St. Martins church, advocación que nos une con Ourense (San Martiño).
Mais seguindo o perfil doutros cursos neste bloque pedagóxico de Sociais queremos propoñeros que busquedes outra imaxe icónica de Birmingham que une esta importante cidade da West Midlands -a 2ª do Reino- con España ?
(velaquí unha pista, máis cómo se chama?)
E se o desexades, buscade tamén a súa recente biblioteca que ten ecos da antiga Mesopotamia: a qué edificio nos estamos a referir en concreto ?
(velaquí a imaxe). De nada.

St. Martins church & Bullring |

No hay comentarios:
Publicar un comentario