sábado, 15 de junio de 2013

NOVO BLOG "ABRINDO PORTAS 2013"



 A CIDADE DE OURENSE COMO RECURSO DIDÁCTICO
Proxecto interdisciplinar colaborativo MARISTAS-JOSEFINAS

Ilustración da profesora do colexio Rebeca González
Moi pronto estará a vosa disposición un novo blog: 
ABRINDO PORTAS 2013. 
Trátase dun proxecto colaborativo levado a cabo por un equipo de profesores dos colexios San José-Josefinas e Santa María-Maristas de Ourense.
Inclúe actividades didácticas desenvolvidas nas áreas de Ciencias Sociais, Plástica, Lingua Galega e Informática, sempre co  fío condutor da nosa cidade.
Ourense é a cidade das pontes e a cidade das portas. Pontes tendidas e portas abertas, dous símbolos de encontro e de achegamento. Esta pretende ser a filosofía deste proxecto: abrir as portas á colaboración, ao coñecemento e valoración do noso entorno máis próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario