miércoles, 18 de abril de 2012

Para mellor visitar 'A praia dos afogados'


Unha 'novela negra', políciaca, coa que viaxan alumni e Titores este venres. E iste é o seu resumo, segundo a editorial Galaxia:


Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.”

Velaquí tendes este video ad hoc subido á rede por Siruela, editorial que a edita en castelán.

Templo votivo do Mar, Panxón, de Antonio Palacios (1932-1937). Nas inmediacións ruinas visigóticas (séc.VII)
 En 'A lei de Lens' tendes fotos e fragmentos asociados da novela.

Non querermos finalizar sen desexar sorte á novela pois ven de ser seleccionada entre sete finalistas do CWA International Dagger Prize, galardón que concede a Asociación Anglosaxona de Escritores de Novela Negra á mellor obra internacional do ano.



domingo, 8 de abril de 2012

DICCIONARIO DE TÉRMINOS DE HISTORIA DEL ARTE


Interesante recurso para los temas de arte. Aunque está pensado especialmente para 2º de bachillerato, puede resultar muy práctico para toda la ESO. Felicitamos a los autores. Buen trabajo.
Este material es fruto de un grupo de trabajo realizado por el Centro de Recursos y Formación del Profesorado en Tecnologías de la Información y la Comunicación (CRFPTIC), dependiente de la Junta de Castilla y León. Se ha realizado durante los cursos 2010-2011 y 2011-2012, bajo la coordinación de Fco. Javier de la Cruz Macho, por docentes de centros sostenidos con fondos públicos de Castilla y León.

Autores de comentarios y diccionario: Antonio Acevedo Álvarez, Jesús Aller Sánchez, Maria Luisa Amor Tapia, Esther Aitana Corral Costumero, Soledad Florez López, Blanca Flor Herrero Morán, Cesar Amador Isidro García, Raquel Martínez Manjarres, Luis Carlos Pastor Laso, María Pellón Gómez-Calcerrada, Aranzazu Pérez Crespo, Mª Celia Ropero Serrano, Mª Monserrat Saiz Amo.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Un paseo pola xeografía e historia de Ourense dende a exposición de Xavier Pousa

Hoxe ímonos valer da exposición de Xavier Pousa (Xavier Pousa Carrera, 13.IV.1931 / 8.XII.2000), que ven de ser inaugurada no Centro Cultural da Deputación (1º andar), para relacionar os coñecementos de xeografía urbana aprendidos fai pouco en 3º da ESO. Mais tamén propómosche unha actividade para Sociais de 4º da ESO e Historia de España (IIº de bacharelato).

Sobre o artista, gran paisaxista do val miñor, velaquí unha á súa biografía:
www.galegos.info/xavier-pousa-carrera

Para completar, podes entrar tamén na web do artista (www.xavierpousa.org/), e no blog do profesor Limia (dogranaopan.blogspot.com/).

Nesta obra de Xavier Pousa de 1960, identifica as tres igrexas que se ven. Por certo, qué ponte é ?
Outra vista de Ourense do mestre de Goián, de 1990: de qué barrio se trata ?
Neste debuxo nocturno de 1960 cómo se chama a praza ?; é a fonte ?
Agora con fotos da exposición:
Esta é a portada do catálogo. Identifica o lugar..
Podes axudarte mellor pola foto enteira: podes identificar os negocios de 1963 e agora ?
Finalmente, esta outra obra de 1960: podes indicar de qué ano son as dúas pontes  ?
Os de historia de 4º da ESO (e 2º de bacharelato), podedes facer outra actividade, contextualizando a construcción das pontes nas etapas históricas correspondentes -coa bibliografía do libro de texto alomenos- e ilustrando a pescuda con unha foto in situ neste mesmo ángulo, a poder ser...

Finalmente unha achega a Ourense: www.youtube.com/watch?v=6X2y-ttQ6Nw&feature=related.

domingo, 11 de marzo de 2012

VALORACIÓN DO TRABALLO SOBRE A CIDADE DE OURENSE.


Estas son algunhas das valoracións feitas polos alumnos, tanto do proceso como do resultado: (a ortografía xa está corrixida, a expresión é a orixinal)

  • "el trabajo fue muy complicado por el simple hecho de que no nos aclarábamos para realizarlo. Había veces que unos hacían muchas cosas y otros nada. Lo dejamos todo para los últimos días, pues nos lo tomamos con calma, cosa que no debíamos haber hecho. Tuvimos bastantes fallos tontos, pero que se pueden considerar graves por no fijarnos en el modelo. No sé si sacaremos mucha nota, pero por lo menos hemos aprendido a trabajar en equipo y bastante sobre la ciudad de Ourense" (Belén)  
  • "En la distribución de las tareas y el tiempo para hacerlas  creo que nos hemos organizado bien, por lo que no ha supuesto un problema. La parte del trabajo que más me ha costado hacer fueron las transformaciones en el casco histórico, porque son muchas y hay que detallarlas para hacerlo bien. Creo que una buena idea para mejorar el desarrollo del trabajo es planear una salida por la ciudad para poder sacar fotografías o modificar algunos temas. En general me ha gustado este trabajo porque me ha ayudado a conocer mejor la ciudad en la que vivo" (Nacho) 
  • "A min gustaríame que fose individual, xa que tivemos moitos problemas. Paréceme que o tempo  para facer o traballo apenas chegaba para afondar no traballo, necesitaríamos máis tempo" (J.Manuel).
  • El trabajo es muy interesante porque estamos tratando la ciudad de Ourense, donde vivimos. En mi opinión en trabajo en grupo perjudica porque los miembros a veces no se ponen de acuerdo en el reparto de tareas o en el contenido... Aunque en nuestro grupo no hubo muchos problemas de este tipo. Fue difícil señalar el casco histórico... En el reparto de tareas hemos intentado hacerlo lo más equilibradamente posible, aunque lógicamente alguien se llevará el trabajo más difícil. Con respecto al tiempo no nos ha llegado en horario de clases, por lo que en carnavales hemos tenido que trabajar enviándonos los avances por correo electrónico. (Nacho)
  • Nos ha servido para conocer un poco mejor nuestra ciudad, sus inicios y su expansión. Nos ha quedado bien y nos ha parecido que ha merecido la pena el esfuerzo realizado." (Rubén)
  •  El proceso del trabajo fue, al principio, un tanto difícil porque no nos poníamos de acuerdo  para dividir la tareas, aunque al final decidimos como repartir el trabajo y nos resultó menos complicado que al principio. A partir de este trabajo he y hemos aprendido conocimientos sobre la ciudad en la que vivimos. Esperábamos mejores resultados a la hora de exponerlo, pero hemos tenido algunos fallos y despistes, aunque el trabajo, a pesar de fallos no ha salido del todo mal" (María)

martes, 6 de marzo de 2012

Co educando co gallo do 'Día da muller traballadora'

Este xoves imos celebrar o "Día internacional da muller". Xurdido a finais do século XIX, foi instaurado dende 1910 (IIª Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, Copenhague, a proposta de Clara Zetkin). En 1917 as mulleres rusas escolleron o derradeiro domingo de febreiro para facer unha folga pedindo "pan e paz". Foi o 23 de febreiro do calendario ruso, que é o 8 de marzo segundo o calendario gregoriano. 
Velaquí tendes a dirección da web da ONU que trata o tema:


          Ese día entregarase en Ourense o 'Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes' (Liceo Ourensán, 20.30 h.) a Dª Purificación Álvarez Villamarín, que foi a xefa da Unidade de Violencia de Xénero (sita na Subdelegación do Goberno). Ela é a nai dun compañeiro voso, e a muller do xefe do Gabinete de Psisoloxía e Pedagoxía do noso centro.

O día convertiuse no da reivindicación por a igualdade real entre homes e mulleres. Se facemos unha EDUCACIÓN EN VALORES, IGUALITARIA e NON SEXISTA, estaremos no bo camiño. Unha igualdade real nos ámbitos laboral, social e político, principalmente.


Podes averiguar algo máis sobre Clara Campoamor, a muller que defendeu no parlamento da segunda República o voto das mulleres, conseguindo convencer ós deputados naquela altura (e vencendo a Victoria Kent).  
Velaquí tendes dous enlaces Youtube: www.youtube.com/watch?v=t4w0EtPovYI : "Clara Campoamor"o primeiro; www.youtube.com/watch?v=jAqSJTFumC4&feature=related : "Mujeres en la historia"o segundo.

viernes, 2 de marzo de 2012