miércoles, 18 de abril de 2012

Para mellor visitar 'A praia dos afogados'


Unha 'novela negra', políciaca, coa que viaxan alumni e Titores este venres. E iste é o seu resumo, segundo a editorial Galaxia:


Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.”

Velaquí tendes este video ad hoc subido á rede por Siruela, editorial que a edita en castelán.

Templo votivo do Mar, Panxón, de Antonio Palacios (1932-1937). Nas inmediacións ruinas visigóticas (séc.VII)
 En 'A lei de Lens' tendes fotos e fragmentos asociados da novela.

Non querermos finalizar sen desexar sorte á novela pois ven de ser seleccionada entre sete finalistas do CWA International Dagger Prize, galardón que concede a Asociación Anglosaxona de Escritores de Novela Negra á mellor obra internacional do ano.



1 comentario:

  1. Hola,

    por vuestro trabajo e iniciativa tenéis un premio en mi blog.

    http://civitasauriensis.blogspot.com.es/2012/05/un-chupi-premio-liebster-blog.html

    Pásate y recógelo.

    Un abrazo.

    José Luis Guede

    ResponderEliminar