O lema do novo curso 2014- 2015 para tódolos colexios maristas de España, Francia e Portugal será Abrindo Portas. É unha invitación a abrir as portas da imaxinación, da creatividade a soñar un novo ano.Ourense é a cidade das pontes e a cidade das portas. Pontes tendidas e portas abertas, dous símbolos de encontro e de achegamento. Esta é a filosofía deste proxecto: abrir as portas á colaboración, ao coñecemento e valoración do noso entorno máis próximo. ¡FELIZ CURSO!

No hay comentarios:
Publicar un comentario