viernes, 24 de febrero de 2012

Conmemorando o nacemento de Rosalía (fai hoxe 175 anos)

Hoxe ás 19:00 no Liceo lectura pública.
"¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
".
*
A continuación propoñémosche que atopes os lugares onde se achan uns monumentos da grande poetisa. 
1.) A. Verín; B. Ribadeo. C. Lalín. D. Rianxo.  
Monumento de Rosalía, de 1997. 
                                            2.) A. Santiago. B. Betanzos. C. Irixo. 4. Carballiño.

É de 1917, en conmemoración do seu 80 cumpleanos (doado polos galegos de América)
                                                    3.) A. Lugo. B. Padrón. C. Vigo. Monforte.



E finalmento -logo da anterior, tan difícil- a última por hoxe: 4.) A. Ourense. B. Ferrol. C. Vigo.

É do ano 1995.
Tarefa para a 'finde': lectura dun poema da gran escritora, nacida como hoxe o día 24 de febreiro de 1837, e bautizada co nome de María Rosalía Rita (ollade polo artigo do poeta Luís González Tosar en La Voz de Galicia, de utilidade para a Historia).
(www.lavozdegalicia.es/noticia/2012/02/24/1837/0003_201202G24P46993.htm). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario