miércoles, 4 de junio de 2014

Ante o Día Internacional dos Arquivos: abramos máis aínda as portas...!!!

Ante unha Porta famosa da cidade, a da Aira, da que apenas quedan restos -mais, coñecida por un famoso debuxo-, está neste cartel que conmemora o DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS, o 'Capitán Gardador' que nos saúda...

                                       Unha porta sen portas!!!


Serán dúas visitas guiadas (12:30 hs. e 18:30 hs.) e unha mostra documental que se centra en frei Benito Jerónimo Feijóo (Casdemiro, Pereiro de Aguiar, 8 octubro 1676 – Oviedo, 26 septembro 1764) do que se está a conmemorar os 250 anos. No arquivo hai documentos dil, e exemplares do 'Teatro Crítico Universal' e dos relativos ás conmemoracións celebradas en Ourense, unha das cales xerou o gran monumento a finais do século XIX...


NAS IMAXES A SEGUIR O CAPITAN GARDADOR USADO COMO NOVO ICONO DO ARQUIVO: as composicións baséanse en fotos e documentos do arquivo 






Mais, que é o 'CAPITÁN GARDADOR'?

Se aínda non viches o vídeo, pódelo coñecer de visita n canle de Youtube aquí: http://www.youtube.com/watch?v=GTg8ql5uEaU

                                      VELAQUÍ OS DATOS_

O CATASTRO DE ENSENADA DE MEDIADOS DO SÉCULO XVIII E O CAPITÁN GARDADOR

 Nesta imaxe do "Libro personal de eclesiásticos" do Catastro de Ensenada da xurisdición de Cartelle, confeccionado a mediados do século XVIII.


O Capitán Gardador aparece debuxado na portada dun documento notarial (protocolo) de 1774 do escribán de Celanova Benito Fariñas.

O debuxo ven acompañado por este texto:

"Capitán guardador de este protocolo de el qual dio fe 
Benito Fariñas"

 

domingo, 1 de junio de 2014

ABRINDO PORTAS. PLANO A LA VISTA

QUE FIXEMOS?

Primero dividimos un plano de Ourense en oito cuadrantes, un para cada grupo.

    Despois,  algo de competencia matemática: aplicamos a escala para representar cada cuadrante nun panel de 1 metro cuadrado. Calculadora, regla e cartabón e ¡a debuxar!

    • Chegou o momento de investigar: Buscamos imaxes e información  sobre os edificios singulares do noso panel, fotografías antigas das rúas,  os nomes das rúas na antiguedade, a localización das portas medievais, o percorrido da nosa xincana...
    • Xuntamos tódolos paneis e correximos algúns desaxustes.
    • E finalmente, completamos o noso SUPER PLANO DE 16 m2

    ¡MOITO TRABALLO EN EQUIPO E GRAN CAPACIDADE PARA RESOLVER PROBLEMAS! ¡NORABOA!